Tambre Bar e Restaurante

Restaurante no Polígono do Tambre

Benvido a Tambre Bar e Restaurante

O teu restaurante no Polígono do Tambre.

Gústanos ofrecerche sempre a mellor proposta gastronómica, un produto local e unha elaboración á medida do cliente.

Dende primeira hora da mañá ofrecemos o noso menú almorzo cunha gran variedade de opcións, con produtos frescos e artesáns, e cunha coidada elaboración.

Estamos especializados en menú do día, para ofrecer un servizo de calidade aos traballadores e visitantes do Polígono do Tambre.

Contamos cunha ampla carta de racións, tapas, bocatas e moitas opcións para satisfacer os padais máis exquisitos.

Se buscas un restaurante no Polígono do Tambre, para almorzar, para comer só ou con amigos, visítanos.

Os mércores ofrecemos un menú especial de polbo, con diferentes preparacións para este produto tan especial da nosa gastronomía.

Os xoves poderás gozar dun menú especial de picaña, con esta selecta tenreira, perfectamente cociñada e o acompañamento máis axeitado, patacas e pementos.

E os venres ofrecemos un menú especial, para afrontar a fin de semana dun xeito especial, un menú con navallas, entrecot de tenreira con guarnición e sobremesas e bebidas.

Suxerencias

Racións

Disfrute da nosa variedade de racións que lle ofrecemos na carta.

Polbo

A nosa especialidade para os padais máis exquisitos.

Especialidades

Especialidades elaboradas con todo o noso cariño e bo facer.